Purgatorius

Debuxo dun posible Purgatorius.

Purgatorius é o xénero consistente en tres especies extintas que se cre que poidan ser os máis antigos exemplares de primates ou de protoprimates, un primatomorfo percursor dos Plesiadapiformes. Descubríronse restos de Purgatorius no actual estado de Montana, en depósitos dunha antigüídade aproximada de 65 millóns de anos, durante o Paleoceno. William Clemens realizou en 1974 na revista Science a primeira descrición científica deste xénero, describíndoos como unha forma de primate do tamaño dun rato.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne